jueves 17 de abril de 2008

Tinin…





Tinin... un antes e un despois ... na Orientación laboral...

Antes de comezar e respectando o segredo profesional teño que dicir que todo parecido coa realidade está na vosa mente e como nas películas os nomes dos personaxes foron cambiados e as datas non se corresponden coas reais.

A ver... Era unha orientadora que repasaba a súa lista de non asistentes e entón decide chamar, en vista de que a media non era a suficiente para cubrir o expediente.

DIA A

HORA 13.05
- Píííiiiiiiiiiiiiiii............... , píiiiiiiiiiiiiiiii ..........Piiiiiiiiiiiiiiiiiiii
-¿Sí? Digha......
-Bo día., chámolle do servicio público de emprego esta Constantino Castillos Perez ( O nome é inventado)
-¿Que lle quere?
-Chámolle do servicio público de emprego , do INEM...
-Ai!!!!... (Típico INEM é a palabra máxica) espere....

E entón escoito....

-TINIIIIIIIIIIIN levántate da cama que esta a chamar por ti unha fulana..................

E penso......

-Ai Dios!!! Esto vai ser máis duro do que eu pensaba ...
-Señora , que lle chamo do servicio publico de emprego .. vostede que é a súa nai...
-Ai... si filla ...si... é que o rapaz estame enfermo ..e aínda esta na cama....

Miro a ficha... 1969... rapaz , rapaz.....

A conversa con Tinin non a reproduciremos aquí , non ten maior transcendencia , despois de dicirlle de onde chamaba e que quería Tinin accede a ter unha cita comigo...

DIA B

11:25h (Hora do café)

Mentres atendo outra persoa escoito que Antón , manda sentar a unha xente que acaba de chegar.. como teño mala memoria e peor axenda ... esquezo que ese día teño moitas citas co cal non hai café...
Cando saio... unha estampa! A ver .. a típica señora de pobo de loito rigoroso ... media de cristal negra...zapatos negros , pano na cabeza....e o lado TININ , Calvo...con catro pelos diante , raia ó lado ... ghafas grandes ,modelo “starky e hach”, pantalón vaqueiro raia de prancha a tope e apertado na cintura en exceso cun cinto estreito ...calcetíns brancos e zapatos neghros ...chaqueta modelo “Feira de sinaí” en cor granate de punto con terciopelo diante , camisa abotoada ó pescozo e bastón...

A escea curiosa , a vella con aspecto de cansa axudando a erguer a aquel mangallón e alá vou eu... ( sempre teño ramalazos de boa samaritana que me fan quedar...)

E , Por fín Tinín ... se senta no meu despacho acompañado da súa nai...

Despois dos preliminares .....o típico .. ti a que a te adicas? , que fas agora ...? tes algún interese en atopar traballo..?

Tinín amosa un desenfreado interese por amosarme o mal que ten a perna , para isto, ergue o pantalón e dime :
-Mire , mire o morada que a teño , quédame tesa.. non a podo mover...

Eu , xúroo, a perna máis branca que vin na miña vida ...

E eu :

-Si ... si ... xa a vexo...

-Pois mire , quedeille así dun accidente .. voullo contar...
-Non fai falla .. de verdade , fágome cargo....
-Que lle conte ... que lle conte...(Dí a nai) ese desgraciado , malnacido , desgraciome o rapaz para sempre .. e eu .. agora teño que coidar del ... e ele moi triste pa ´unha nai .. ter un rapaz así...
-bueno mama.. que lle vou contar.. a.......
-Orientadora...María ... (Si me chega a chamar outra vez fulana .....la tenemos...)
-Pois mire , ía eu cun caldeiro de pintura .. por unha obra ....e caín nun burato...e usté preguntarase que facía o burato alí na obra .....
-Non.. eu non me pregunto nada....


E nestas que Tinín abre as pernas e dime ..

-Caín no burato e deixei unha perna arriba e coa outra abaixo , e esmagharonseme os ghuevos e este dereito (agarrándose o Ghuevo ) ándame solo ...volveuse tolo , ándame para todos os lados...( e alá... a sobetearse )

Eu non sabia que pensar , aquel..home así e a muller a dicir...:

Eu toda rachada cun cancro , aberta de arriba – abaixo a coidar do meu filliño e q medica esa a dicir que esta tolo... a darlle pastillas...

Eu atónita e Tinin:

-Si mandoume a reabilitación ... pero non podia ir , sentabame mal... puñame coma un can....
E non minto.. comeza a abrir a boca e a xadear coma un can ahhah !! aaaaaaahhhh gggg !!
Esto xa foi o colmo... pero seguiume contando cousas....e a súa nai tamén...

Finalmente , os de Forga queren que lle de outra cita de orientación ...pero Tinin deuse de baixa como desempregado.
Lastima ....