miércoles, 27 de agosto de 2008


Os éxitos nunca son grandes si non podes compartilos , agora cando son un éxito de todos a satisfacción é grande…
Tamén a dor é menos cando é particular, non colectiva , a colectividade ten esas cousas , minimiza ou maximiza según lle convén…
Hoxe síntome esnaquizada , como perdida , un traballa arreo , sempre para adiante.. e de repente ten que parar , emprender novas travesías , imaxinar novos portos os que arrivar…
Iso , que é natural da vida , sen ser doado é o que debes facer, agora cando é imposto , cando te botan inxustamente do barco pola borda , non podes evitar sentir frustración , desconfianza ata astío esa sensación terrible de desanimo…
Aínda hoxe teño pesadelos , esta noite sen ir máis lonxe , soño co teléfono , coa voz do xefe , coas miles de teas , sinto o cansazo…
Teño a sensación de saír dunha batalla, dunha guerra con gases letais dos que non es consciente ata que te atenazan… sinto o regusto visceral e cruel da traizón e teño o mal dos jibaros , aqueles que despois de dalo todo sentíanse traizoados e espoliados , sen chegar a entender nunca porque non lle pedían as cousas en vez de roubarllas e matalos…
A ver si un día destes escribo post máis ledos con máis ánimo.
Un saúdo a todos tras o paréntese da guerra.

No hay comentarios: