Aquí estou de novo, traballando outra vez neste traballo meu , tan de moda estes días …
Malos tempos para parcelarias… malos tempos para o emprego , para a xente que desesperada, busca un traballo e non o atopa.
Hai cousas que me preocupan enormemente , unha delas é a manía que ten algunha xente de xeneralizar “A xente, o que non quere, é traballar” “Eu coñezo a moitos que o que queren é vivir do conto” “Son todos unha panda de vagos”.
O Outro dia coincidía cun papi “empresario”, nunha festa de aniversario dun neno amigo do meu, e trataba de convencerme , a min, de que a maioría da xente é unha “Jetas “ que non quere traballar…
E eu con cara de “bueno as cousas non son así” pero claro , contra o imaxinario colectivo e difícil loitar , xa que , unha marea humana de mamas e papas comezaron automaticamente a darlle a razón e o final acabas quedando ti por “esquerdosa” defendendo o imposible…
Pregúntome si algún vez esa persoa se plantexou sequera como se sente un cando non ten para mercarlle un agasallo a un fillo, cando non ten , para pagar as mensualidades e os acredores te cercan.Dificilmente.
Cos anos aprendín a distinguir entre os “vampiros” que absorben o teu esforzo para o seu propio beneficio , de aqueles outros (Como os boto de menos!! ) que querían a Paghiña, a eses que non querían traballar porque xa o facían en “nejro “, destes outros desesperados polo que sexa ,e entre eles a xeración do “Benestar” , acostumados a triunfar, que ven como a súa vida, a golpe de visa, se desmorona como un castelo de naipes.
E eu aquí.. traballando de novo de buscadora de esperanzas…

No hay comentarios:
Publicar un comentario