domingo, 26 de octubre de 2008

En que lado da acera queremos estar ou debemos estar...


Poucas veces me emocionei tanto escoltando un discurso nunca entrega de premios , basicamente porque nestas a cotío prima a benevolencia como mundo en xeral nunha especie de gratitude ó todo por el todo , ó mundo por haberme premiado a min.

Nembargantes Ingrid , foi firme , agradecendo á vida a todo aquel que lla fixo un pouquiño máis doada na selva e denunciando que nunca será de todo libre mentres existan compañeiros secuestrados , mentres perduren as desigualdades e perviva a inxustiza .

Esa muller miúda e feble , demandou con voz firme igualdade entre os pobos de América latina , demandou dos lideres mundiais especialmente dos americanos e dos Europeos respecto para Colombia e o meu modo de ver foi determinante na maira en que defendeu que cada un de nós pode saír da súa cómoda poltrona para denunciar as múltiples inxustizas que a cotío se comenten cos débiles .

“Contrasta esto con la cruel realidad que sufren mis hermanos cautivos en la selva, a manos de sus deshumanizados carceleros. Para ellos, hoy, no hay ni generosidad, ni respeto, ni familia, ni afecto. Como me sucede desde hace demasiados años, vuelvo a sentir la tristeza y la alegría tejiéndose simultáneamente en mí, y confirmo una vez más que no me sentiré totalmente libre, ni feliz, mientras quede alguno de mis compañeros preso en la selva.Pienso, por lo tanto, que cogida de la mano de todos los que nos acompañan hoy, es necesario reflexionar en lo que podemos hacer por ellos. No sólo porque haciéndolo podemos estar contribuyendo a salvarlos, sino paradójicamente, porque creo que nos estaremos salvando también a nosotros mismos. En las cíclicas repeticiones de la historia, veo con claridad que tenemos la oportunidad, una vez más, de ser aquéllos que rompen el círculo de las maldiciones. El año pasado, en esta misma ceremonia, se oyeron las voces de las víctimas del Holocausto. Quienes estaban aquí, asistieron al doloroso cuestionamiento que ellos les hacían a sus propios vecinos, aquéllos que los miraron en silencio partir hacia el infierno y que no hicieron nada.¿Qué hubiéramos hecho nosotros? ¿Hubiésemos hecho como la mayoría, tratando de encontrar justificaciones a la infamia, para poder dormir en la tranquilidad de nuestra indiferencia? Todos queremos pensar que no. Todos quisiéramos vernos retratados del lado de los héroes anónimos que se jugaron la vida por salvar la de ese hombre, la de ese niño que sufrió.La vida nos ha traído a la consciencia la realidad amarga de los que están presos de esa misma infamia en las selvas de Colombia, de esa misma locura revestida de otro uniforme, pero habitada de la misma crueldad. Hoy no podemos ignorar su situación y la de cientos de seres humanos que padecen la arbitrariedad de la intolerancia política, religiosa o cultural en cualquier lugar del mundo. En esta aldea global que es el mundo de hoy, todos somos vecinos. A diario podemos extender la mano y no lo hacemos.”
I


Ingrid Betacourt .Estracto do discurso dos premios Principe de Asturias 2008

martes, 7 de octubre de 2008

So elas, por María Varela no Diario de Pontevedra.


Por máis tempo que pase, por máis testemuñas semellantes que chegue a coñecer, non podo deixar de escoitalas, de abraiarme, de admiralas, de rir e chorar con elas. Tralas súas bágoas afundidas no foxo dos anos latexan incribles historias de amor e de escarnio, os segredos escuros das súas vidas anónimas e episodios tan sinxelos como fascinantes no acontecer cotiá dunha muller galega de primeiros do século XX. Naceron lonxe dun berce de faia, sen sabas de algodón nin contos de princesas. As máis delas deixaron axiña a escola a prol dos seus irmáns varóns, para coidar da casa e dos seus maiores, para atender ós animais, ir á ribeira ou faenar no campo. Só guiadas polas sabias palabras das súas avoas, o seu instinto de supervivencia e o sentido común superaron a guerra e a fame, e deron á luz a xeracións enteiras de enxeñeiros, artistas, banqueiros, mestres, xuíces, médicos... Na escuridade do descoñecemento, en silencio e soas. Abríronse camiño ós novos tempos a base de endurecer a pel e a alma, e convertéronse nos piares das súas familias, en heroínas, iso si, de segundo plano. Elas encaran hoxe ó pasar dos días mirando á morte ós ollos. Aínda lles restan folgos para loitar contra a dor de ósos, a soidade e o temor ó olvido. Pero tamén para agarimar ás súas bisnetas. Para alumear o seu camiño, ensinarlles a alzar a voz e a enfrontar os grandes partos da vida sen medo algún. Só elas.

lunes, 6 de octubre de 2008

Otoño caliente




Xitanos


Teño que cambiar o costume de ler o xornal cando almorzo o Domingo a fin de que non se me indixeste o zume e o café .
Lamentablemente e cada vez máis , aparecen motivo para isto último .
http://www.lavozdegalicia.com/pontevedra/2008/10/05/0003_7198355.htm , pero o de hoxe creo que xa me supera ata a náusea.
Caritel é un pobo pequeno , actualmente divido ,e Pontecaldelas unha vila coqueta e aspirante a converterse no Sanxenxo do rural , cun Alcalde con proxección política a curto prazo dado a “calidade” xeral dos novos lideres do PP.
Persoalmente creo que pode chegar lonxe , ten moitas cualidades para facelo , pero no conflito dos realoxos penso que se equivoca deixándose levar pola vena máis fétida do PP, non lle pega nada a este Alcalde de guante branco , fino e estudado , moi por enriba da media dos seus veciños de concello, andar nestas tesituras franquistas que rozan a ilegalidade.
Estes “lideres”veciñais de Caritel , amosan sen pudor un rexeitamento histórico e visceral á raza xitana, non importa que non sexan conflitivos , non importa que teñan os nenos perfectamente escolarizados , nin que dende os servizos sociais se lles faga un seguimento diario e conten con informes favorables, que avalan unha máis que posible integración sen traumas.
Non importa nada …todo vale… ata chantaxear a administración cun suposto “Otoño Caliente”.
Alguén terá que dicirlle a estes impresentables que neste país existe a xustiza e que as irregularidades, se demostran, se denuncian e logo se penan, e lembrarlle tamén que as calumnias son un delito.
Alborotar ós mais viles sentimentos da xente , tamén debería ser penado, levar a nenos a manifestacións racistas tamén.
Encubrir esta loita co branco da cocaína é de tal hipocrisía que raia no grotesco, si delinquen que os denuncien , que aporten probas, entón poderán actuar as autoridades… mentres tanto que baixen as espadas , que cesen nesa actitude .. que paren de sementar o odio.
O racismo basease en algo básico , primario , visceral , o racismo asentase no medo.
En Caritel a parte de asentarse no medo ó descoñecido , afírmase no medo a ese outro ser popular, habitual do rural galego ; O Cacique.
Ese que non dubida en facer negocios con eles pero non os quere ó lado da casa de súa nai,e que manexa as masas e rende pleitesia o Alcalde pijo , aposto que a cambio do relevo , porque non?, tampouco hai moitos que poidan facer esta labor, cando este marche a máis altas estancias e maiores menestreis.
Mentres tanto en Caritel , quedarán nenos que manterán gravado a lume no seu consciente , que os xitanos son malos , que traen a drogha, que levan os meniños metidos en sacos … e mirarán aquela casa con medo como quen mira o castelo do vampiro e deixarán voar a súa imaxinación …sen entender porque en vez de xogar ó balón na carballeira ,portan unha pancarta e pitan un partido cruel.
Iso si , debería ser deleito.

miércoles, 1 de octubre de 2008

PONTEVEDRA



Pontevedra.

Vila onde as haxa ....

lembro esta cidade cando era gris e sucia e cheiraba mal e era triste , lémbroa ben , eu vin do interior a estudiar o bacharelato e non era moi diferente de calquera viliña , lembro as rúas escuras e os coches , lembro a droga , lembro o nada que ver , nin onde ir , nin que facer ...
Lembro algún que outro “pijo” do instituto terme convidado ós bailes do casino para preferir botar viño ós “capullos” de branco , porque daquela , os que saian de “peñas” no eran “los que iban al baile del casino”.

Lembro un dos desgustos da miña vida cando o centro dramático Galego decide non vir máis a Pontevedra porque o Teatro principal non cumpre co espazo óptimo para as súas montaxes escénicas.


En fin ... eu marchei a Santiago a facer a carreira e dende que voltei fai 10 anos teño a sorte de poder vivir e traballar nunha cidade fantástica, chea de luz .. unha cidade para as persoas... con plantas e rúas anchas... cun casco histórico de cine recuperado da nada, con decir que “es más fino ir de peñas que al baile de la Peregrina “.

¡Moito che ten cambiado o conto , Manuel!

Lástima que a xente teña memoria de peixe... e outros se empeñen en terxiversar a historia ó seu gusto , cantos anos terían os “lideres” xuvenís do PSOE e o PP fai 15 anos , deixaríanos os seus impolutos “papis” , xogar na rúa ou pasear sen ir collidos pola man.
O outro día lía na prensa que unha asociación “dignísima” desta cidade quería recuperar “el espírito del 5J” , lamentable ... esta claro que moitas cousas de aquel cinco xis , quedan por acadar pero en aquela manifestación eu suxeitaba unha pancarta co lema “por un campus digno “ despois de aquilo e tras unha longa loita temos un campus que permite que moitos dos mozos que queren ficar a estudiar aquí poidan facelo...

A cidade ten luces e sombras pero quen non?

jueves, 25 de septiembre de 2008

Anxos...



Coñecín un Anxo una vez… una persoa marabillosa chea de luz , que te facía sentir ben con so falarche, un tipo máxico , alguén tocado pola man de Deus .
Onte fun o seu velorio , despois de moito tempo sen velo e tras unha longa enfermidade , non podía conter as bagoas , pola empatía que me producía a dor dunha familia rota e dunha muller destrozada ,aínda sendo demasiado nova, para sufrir algo así.
Marchei cun sentimento éstrano entre magoa e alegría , como si el me falase dende algún sitio e me susurrase o oído, que paga a pena ser felices ,non desperdicies o tempo en parvadas…disfruta de cantas cousas boas e malas che acontezan porque estas so son un camiño cara un lado mellor da vida.
Alguén tan novo non debería morrer , alguén tan bo tampouco.
Cada un ten as súas loitas, xa falei diso moitas veces ,a nosa loita particular mantennos erguidos fronte as adversidades .
Pode parecer demagóxico , pero se teño que pensar como sorrín os anxos , pensarei nel sorrindo e debo crer que esta nun lugar mellor libre da dor da enfermidade.

Bicos amigo da universidade...

viernes, 19 de septiembre de 2008

Fadas

Imaxe Misspink
Este traballo meu, as veces ,é duro.
Máis dende que realmente podemos decidir , levamos 10 anos reivindicando decidir e agora que podemos facelo , estou cagada… sobre toda cando metes a pata .
Paréceme dunha insensatez tremenda non ten ordes claras e non controlar a perfección todo o proceso porque sigue habendo subterfuxios que dependen directamente da oficina de turno, pero bueno aínda así esta nova faceta “hadíl” ten o seu aquel…
Hoxe falabamos no café de que estamos de aniversario , fai un ano que naceu Xián, un dos nosos pequenos canteirans da equipa “facer país” na que abundan os nenos por maioría aplastante , a pobre Elena ten moito en que escoller…moito e bo por outra parte.
Hoxe ordenei o despacho e teño bombóns e un paquete de mentos para endulzar as horas de estío, xentileza de “usuarios “Contentos , cando digo eu que este traballo ten o seu aquel….

martes, 16 de septiembre de 2008

de volta...




Síndrome postvacacional , levo dous días sen parar, onte estaba aquí aburrida sen “desoerientados “ e hoxe .. xa comezou a loucura dunha nova “pasarela” de personaxes variopintos a cada cal mellor.
E para alegrar a maña Isabel e os seus conflitos nas aulas ; Caso típico : Señora con problemas de autoestima que se sinte ninguneada e acosada por compañeiros malísimos e profesora pouco comprensiva en clase de cociña….
De verdade que a min me pagan pouco soldo , ter que estar dicíndolle a unha señora de 50 anos que non pode cuestionar a autoridade do profesor, neste caso profesora e 20 anos máis nova , pois é cando menos curiosa, bastante incrible e nada cómoda … pero así é o meu traballo.
Hoxe aterrei aquí e o primeiro citado tiña 23 anos e levaba ano e medio sen facer nada , cando lle preguntei que fixera durante este ano e medio , contestoume sen o máis mínimo repara : NADA.
Ante eso…
Neste días grises de setembro , non me queda máis que felicitar a Pablo ( Cimadevila ) polo seu triunfo en Pekin , demostrando que aínda que a vida estexa chea de dificultades sempre queda lugar para a esperanza , Pablo é o exemplo de que un, non debe renderse nunca a pesar dos temores , dos múltiples problemas , da dor.. sempre hai un oco polo entra un raio de sol .. de eso tamen sabe moito o meu amigo Marquitos…. Biquiños meu…
PARABENS PABLO !!!
estaremos aplaudindo na Homenaxe cando volvas a casa!

O que aprendin de Pablo...



Una hija se quejaba a su padre acerca de su vida, y cómo las cosas le resultaban tan difíciles. No sabía cómo hacer para seguir adelante y creía que se daría por vencida.Estaba cansada de luchar. Parecía que cuando solucionaba un problema, aparecía otro.
Su padre, un chef de cocina, la llevó al lugar de trabajo. Allí llenó tres ollas con agua y las colocó sobre el fuego fuerte. Pronto el agua de las tres ollas estaba hirviendo.
En una colocó zanahorias, en otra colocó huevos y en la última colocó granos de café. Las dejó hervir sin decir palabra. La hija esperó pacientemente, preguntándose qué estaría haciendo su padre. A los veinte minutos el padre apagó el fuego. Sacó las zanahorias y las colocó sobre un recipiente. Sacó los huevos y los colocó en un plato. Coló el café y lo sirvió en una taza.
Mirando a su hija le dijo: ¿"Querida qué ves"? "Zanahoria, huevos y café" fue la respuesta.
La hizo acercarse y le pidió que tocara las zanahorias. Ella lo hizo y notó que estaban blandas.Luego le pidió que tomara el huevo y lo rompiera. Al sacarle la cáscara, observó que el huevo estaba duro.
Luego le pidió que tomara un poco del café. Ella sonrió mientras disfrutaba de su rico aroma.
Humildemente la hija preguntó: "¿Qué significa esto, Padre?"
El le explicó que los tres elementos habían enfrentado la misma adversidad: agua hirviendo, pero que habían reaccionado de manera diferente:
La zanahoria llegó al agua fuerte, dura. Pero después de pasar por el agua hirviéndose había vuelto débil, fácil de deshacer.
El huevo había llegado al agua frágil. Su cáscara fina protegía su interior liquido.Pero después de estar en agua hirviendo su interior se había endurecido.
Los granos de café, sin embargo, eran únicos. Después de estar en agua hirviendo, habían cambiado al agua.
¿Cuál eres tú?, le preguntó a su hija."Cuando la adversidad llega a tu puerta, ¿Cómo respondes? ¿Cómo eres tú?
¿Eres una zanahoria que parece fuerte pero que cuando la adversidad y el dolor te tocan, te vuelves débil, y pierdes tu fortaleza?
¿Eres un huevo, que comienza con un corazón maleable?¿Poseías un espíritu fluido, pero después de una muerte, una separación, un divorcio, o un despido te has vuelto duro y rígido? Por fuera te ves igual, pero ¿Eres amargado y áspero,con un espíritu y un corazón endurecido?
¿O eres un grano de café? El café cambia al agua hirviente, el elemento que le causa dolor.
Cuando el agua llega al punto de ebullición el café alcanza su mejor sabor. De corazón, te deseo que intentes ser como el grano de café, cuando las cosas no vayan bien y puedas lograr que tu alrededor mejore.
Recuerda todo lo que te sucede en la vida es por alguna razón, sólo necesitas descubrir su motivo y aprender de ello.

miércoles, 27 de agosto de 2008


Os éxitos nunca son grandes si non podes compartilos , agora cando son un éxito de todos a satisfacción é grande…
Tamén a dor é menos cando é particular, non colectiva , a colectividade ten esas cousas , minimiza ou maximiza según lle convén…
Hoxe síntome esnaquizada , como perdida , un traballa arreo , sempre para adiante.. e de repente ten que parar , emprender novas travesías , imaxinar novos portos os que arrivar…
Iso , que é natural da vida , sen ser doado é o que debes facer, agora cando é imposto , cando te botan inxustamente do barco pola borda , non podes evitar sentir frustración , desconfianza ata astío esa sensación terrible de desanimo…
Aínda hoxe teño pesadelos , esta noite sen ir máis lonxe , soño co teléfono , coa voz do xefe , coas miles de teas , sinto o cansazo…
Teño a sensación de saír dunha batalla, dunha guerra con gases letais dos que non es consciente ata que te atenazan… sinto o regusto visceral e cruel da traizón e teño o mal dos jibaros , aqueles que despois de dalo todo sentíanse traizoados e espoliados , sen chegar a entender nunca porque non lle pedían as cousas en vez de roubarllas e matalos…
A ver si un día destes escribo post máis ledos con máis ánimo.
Un saúdo a todos tras o paréntese da guerra.

martes, 10 de junio de 2008

Calamaro


Me gusta desarmarme arriba tuyo
me gusta demasiado ensuciarte besar tu flor,
inmediata, besarte atrás y adelante,
Me gusta tanto que me encante,
que quiero hasta la locura,
desarmarme en el vaivén de tu cintura,
y remar sobre tu espalda y naufragarte,
Soy tuyo, con mi mayor convicción,
soy tuyo con toda la fuerza de mi corazón,
que es tuyo, y como cada pensamiento mío, es tuyo , soy tuyo.
Soy tuyo, con mi mayor convicción,
soy tuyo con toda la fuerza de mi corazón,
que es tuyo, y como cada pensamiento mío, es tuyo ,
soy tuyo.

viernes, 9 de mayo de 2008

Dolor psíquico.




¿Qué fas cando un médico che di que tes o fígado mal , que o teu corpo esta cheo de tóxicos e que se ve claramente que tes Dolor psíquico ?

Imaxino , que hai moitos tipos de dor .. e que a dor psíquica, ten que ter algún motivo... a miña non ten ningún .. eu creo que é so cansazo , desgana , falta de motivación...

Un cansazo grande que o pode todo , que fai que teña enerxía , so dúas horas de oito un cansazo que me leva a pensar que nada me fai feliz.

Ilusióname o novo centro , pero agoníame pensar no traslado , quero ter outro bebe pero non chega o día para poder ter un embarazo tranquilo.

Sinceramente creo que vou a tomarme a vida con máis calma... igual me collo unha baixa ... preciso descansar...

miércoles, 30 de abril de 2008

Xestión da información




Eu , teño un problema coa información , non son consciente da importancia que ten e as veces tampouco da miña capacidade para ferir a alguén.

Son desa corrente “brava” que di o que lle parece sen ter medo ás consecuencias, pero é un lio , esta claro que un non é dono do que di senón do que cala.
Estou tan de acordo niso , a de veces que estaría máis guapa calada !
Pero non .. eu en realidade non o fago con mala intención ,pero teño nula capacidade para medir as consecuencias , nula ...e despois teño outra tendencia , querer arregarlle a vida a todo o mundo en plan nai abadesa , e fágoo mal as veces ata moi mal... debe ser duro lidar comigo , definitivamente teño que aprender a xestionar mellor a información e sobre todo a pensar que a podo xestionar mellor que Lurditas que esta acostumada a lidar con toda esa fauna que ten...

A pobre , María S anda de pasantía en pasantía ...
O luns comeza a axenda 2008-2009.

Esperemos ser capaces de camiñar de novo porque agora en vez de ninguén .. todas estamos mal...
PERDON

martes, 29 de abril de 2008

Frases de Forga a Forga


-Lurdes a Luis: Es tan repunante que cando sexas vello vouche dar pure de pataca sen sal....

-Luis a Isa: A min a unica dinámica que me gusta é a de follar ...

-Isa a Lurdes : Lurdes non é que Eva sea alta e que nós somos pequenas...

jueves, 24 de abril de 2008

Cravos vermellos (Claveles Rojos)



Este post tamén podería chamarse “malos tempos para a lírica” por moitas cousas…
Cando Luís se enfada comigo , calquera cousa , calquera momento é malo para a lírica . se Luís é feliz , eu son feliz…

Indiscutiblemente , hoxe é unha tarde desas que o calor non ven ben, todo o cantrario , case prefería que chovese …polo menos falariamos da choiva… o peor dos enfados , son os silencios , eu son das que prefire gritar , creo que o rancor se vai cos berros… non se acumula como o pouso do polbo sobre o corazón dos mobles da alma …
Indiscutiblemente é mellor falar …Canto polbo garda a nosa alma de cousas nunca ditas , de malentendidos nunca resoltos , de historia inconclusas , de medos …

Pero , hai xente que prefire calar … non serei eu a que os faga falar … sobre todo cando ten razón e a culpa é miña..


Cravos vermellos , fai un ano os meus compañeiros regaláronme un precioso ramo de cravos vermellos en plena campaña das municipais , non o puiden disfrutar nada .. non estaba nunca na casa para velo…. E cando me dei conta os cravos murcharan …
Unha velada metáfora da vida…o ramo , testemuña da amizade aínda perdura na miña memoria , como un dos agasallos máis fermosos…

Maña , cumpro anos , 25 de Abril sempre….!
É un berro fermoso que invoca á liberdade…
A liberdade que ansío , pola que tanto loito… a liberdade de pensamento , de palabra… de obra… non sei porqué venme Sócrates á cabeza “ So sei que non sei nada…”pois coa liberdade pasa un pouco o mesmo … neste mundo de escravos o meu dono chámase Santander central hispano aínda que cada mes son un pouco máis libre.

Grazas a todos.

martes, 22 de abril de 2008


-Seica chove...
-Seica si.......

O tempo , mira que falamos del moitas veces desa forma tan galega de dicir, sen dicir nada...
¡Cantas veces falamos sen dicir nada!
Outras veces non temos tempo de nada...
Niso ando agora , en cuestións de tempo , de axenda , de ter que anotalo todo porque si non o fago , as ideas esvaécense na miña mente como folerpas de neve que tocan o chan.
Nunca tal cousa me pasou... será que me estou facendo vella , tempo que pasa....

Gustaríame ter tempo para miles de cousas... entre elas para dicir cousas que nunca dixen a persoas que merecen que llas diga , é ben certo , que non custa nada dicir “quérote”, de cando en vez ,e si o relacionamos co tempo tamén estaría ben dicir “non”
a fin de ter máis tempo...

O valor dos segundos.. importante cando non os temos ... é curioso , manteñome firme ante esa escravitude e resístome a levar reloxo, os que me rodean sofren as consecuencias.

Min ten unha estratexia , atrasou todos e cada un dos reloxos da miña vida , dándome 15 minutos de regalo..., demostrando que os mellores agasallos son os que non valen nada e á vez importan tanto...

Por certo , chove.....

jueves, 17 de abril de 2008

Tinin…





Tinin... un antes e un despois ... na Orientación laboral...

Antes de comezar e respectando o segredo profesional teño que dicir que todo parecido coa realidade está na vosa mente e como nas películas os nomes dos personaxes foron cambiados e as datas non se corresponden coas reais.

A ver... Era unha orientadora que repasaba a súa lista de non asistentes e entón decide chamar, en vista de que a media non era a suficiente para cubrir o expediente.

DIA A

HORA 13.05
- Píííiiiiiiiiiiiiiii............... , píiiiiiiiiiiiiiiii ..........Piiiiiiiiiiiiiiiiiiii
-¿Sí? Digha......
-Bo día., chámolle do servicio público de emprego esta Constantino Castillos Perez ( O nome é inventado)
-¿Que lle quere?
-Chámolle do servicio público de emprego , do INEM...
-Ai!!!!... (Típico INEM é a palabra máxica) espere....

E entón escoito....

-TINIIIIIIIIIIIN levántate da cama que esta a chamar por ti unha fulana..................

E penso......

-Ai Dios!!! Esto vai ser máis duro do que eu pensaba ...
-Señora , que lle chamo do servicio publico de emprego .. vostede que é a súa nai...
-Ai... si filla ...si... é que o rapaz estame enfermo ..e aínda esta na cama....

Miro a ficha... 1969... rapaz , rapaz.....

A conversa con Tinin non a reproduciremos aquí , non ten maior transcendencia , despois de dicirlle de onde chamaba e que quería Tinin accede a ter unha cita comigo...

DIA B

11:25h (Hora do café)

Mentres atendo outra persoa escoito que Antón , manda sentar a unha xente que acaba de chegar.. como teño mala memoria e peor axenda ... esquezo que ese día teño moitas citas co cal non hai café...
Cando saio... unha estampa! A ver .. a típica señora de pobo de loito rigoroso ... media de cristal negra...zapatos negros , pano na cabeza....e o lado TININ , Calvo...con catro pelos diante , raia ó lado ... ghafas grandes ,modelo “starky e hach”, pantalón vaqueiro raia de prancha a tope e apertado na cintura en exceso cun cinto estreito ...calcetíns brancos e zapatos neghros ...chaqueta modelo “Feira de sinaí” en cor granate de punto con terciopelo diante , camisa abotoada ó pescozo e bastón...

A escea curiosa , a vella con aspecto de cansa axudando a erguer a aquel mangallón e alá vou eu... ( sempre teño ramalazos de boa samaritana que me fan quedar...)

E , Por fín Tinín ... se senta no meu despacho acompañado da súa nai...

Despois dos preliminares .....o típico .. ti a que a te adicas? , que fas agora ...? tes algún interese en atopar traballo..?

Tinín amosa un desenfreado interese por amosarme o mal que ten a perna , para isto, ergue o pantalón e dime :
-Mire , mire o morada que a teño , quédame tesa.. non a podo mover...

Eu , xúroo, a perna máis branca que vin na miña vida ...

E eu :

-Si ... si ... xa a vexo...

-Pois mire , quedeille así dun accidente .. voullo contar...
-Non fai falla .. de verdade , fágome cargo....
-Que lle conte ... que lle conte...(Dí a nai) ese desgraciado , malnacido , desgraciome o rapaz para sempre .. e eu .. agora teño que coidar del ... e ele moi triste pa ´unha nai .. ter un rapaz así...
-bueno mama.. que lle vou contar.. a.......
-Orientadora...María ... (Si me chega a chamar outra vez fulana .....la tenemos...)
-Pois mire , ía eu cun caldeiro de pintura .. por unha obra ....e caín nun burato...e usté preguntarase que facía o burato alí na obra .....
-Non.. eu non me pregunto nada....


E nestas que Tinín abre as pernas e dime ..

-Caín no burato e deixei unha perna arriba e coa outra abaixo , e esmagharonseme os ghuevos e este dereito (agarrándose o Ghuevo ) ándame solo ...volveuse tolo , ándame para todos os lados...( e alá... a sobetearse )

Eu non sabia que pensar , aquel..home así e a muller a dicir...:

Eu toda rachada cun cancro , aberta de arriba – abaixo a coidar do meu filliño e q medica esa a dicir que esta tolo... a darlle pastillas...

Eu atónita e Tinin:

-Si mandoume a reabilitación ... pero non podia ir , sentabame mal... puñame coma un can....
E non minto.. comeza a abrir a boca e a xadear coma un can ahhah !! aaaaaaahhhh gggg !!
Esto xa foi o colmo... pero seguiume contando cousas....e a súa nai tamén...

Finalmente , os de Forga queren que lle de outra cita de orientación ...pero Tinin deuse de baixa como desempregado.
Lastima ....

miércoles, 16 de abril de 2008

La vida es como la espuma por eso hay que darse como el mar...


Recordo a primeira vez que vin “ Y tu mama también” un estraño titulo para unha película estraña , chea de luz …
É incrible o que fai o cine na nosa vida , estes días nos que Maná saca unha versión dunha canción que aparece na película , un día sen máis no coche soou e vin nitidamente a escena de Maribel Verdú bailando sen máis , sabéndose condenada polo cancro , cun vestido Branco e unha cervexa na man....
Hoxe falabamos diso no café e Luís facía a súa particular versión do que quere ser de vello... o resume era Vivir .. ser hippy , non ter ataduras, nin responsabilidades , ser outra vez un pouco neno...

Eu , agora , non podo pensar en maña , estou atrapada polo presente , polo inmediato, por chegar a fin de mes... xa podía rematar a crise dunha vez...
Esperarei a que Lurditas me convide o seu Foie de Pato con reducción de Pedro Ximenez e compota de maza... o que aprendo eu en Forga non se paga con cartos...

viernes, 11 de abril de 2008

Ultima conversa no café...


Lula: Eu botolle , tamén, a ensalada Lombarda.

María: Eu nin sequera sei que é iso , para canto máis botarllo a ensalada ...

Lula :É ese repolo morado que hai...

María: Ai... eu non sei.. eu o repolo botollo ó caldo...!!!!

E eu a todo isto sen poder meter baza .. .. que bo...

jueves, 10 de abril de 2008

WISTERIA LAMA


Esto non é Wisteria Lane o pobo onde viven as marabillosas amigas de Mulleres desesperadas, pero ultimamente parece que as mulleres están de moda na Lama .
Unha pandilla de Mulleres que poñéndose o mundo por monteira decide que dos 30 pasa os 15 sen máis.

Ben certo é que as mulleres da miña xeración , (algunhas) tivemos un “espertar” tardío comparado coas de agora , empeñadas en ver so “ elementos inalcanzables “ e “ amores platónicos “ perdíamos o tempo ... sen caer e outros menesteres ...

Parece que as mozas de agora non son desas algunhas .. claro... hainas que sendo ,moi ,moi progres non se deitan con calquera a primeira noite ...
Vésase o meu caso .. a primeira vez que me deitei cun home a primeira noite , rematei casando con el...

Estas “Desesperadas” o meu modo de ver son máis , en plan “Descerebradas”, algunhas deixan atrás Homes marabillosos , outras fillos moi pequenos ...
Será certo iso de que cada un fai o que sexa para non envellecer ... eu non sei ... case prefiro o botox e ximnasia pasiva ...

O amor de parella non é doado , fronte o “paraíso” dos primeiros meses , quizais do primeiro ano , chegan a Hipoteca e os agobios por cartos , chegan as manías e os michelins , tamén os ronquidos , as malas contestacións , A FAMILIA, pero enriba de todo isto aplastando a maldade están os nenos ... os marabillosos nenos ... os almorzos de domingo .. as vacacións ... os concertos de Marlango ... as ceas para dous... e a loita cotiá pola felicidade , esta demostrado dous puxan máis que un...

lunes, 7 de abril de 2008

Reunión de traballo no paraíso...


As reunións de traballo de FG poden ser calquera cousa menos unha reunión...
A ver ... en que reunión , a adxunta , que son eu .. se columpia na cadeira e se atreve a pórse cómoda cos pes medio enriba da mesa....
en fin un cadro !...

Por non falar do xefe e do seu linguaxe silvopastoril, que sirva como exemplo esta frase memorable.. ; “ Vexo o que vexo... e cando non vexo , non vexo : E cando vexo , cabréome...”
Luisadas en estado puro.. pero o bo que ten isto ,na medida do que é posible , e que é moi divertido traballar aquí , aínda que so sexa por estas reunións de traballo nas que podes escoitar símiles tales como; “ Lurditas , ti que sabes de económia domestica ¿que vale máis un capón ou cinco galiñas?” Vamos !! Unha marabilla de home onde os haxa...

jueves, 3 de abril de 2008

Mulleres bravas





Mulleres bravas.... Galegas de pro...

Cando un quere saber que é , buscase por calquera lugar en calquera outra cara , nos ollos dos que ama. E paradoxicamente decubres quén es nun monologo, unha muller brava , galega , das de sempre ... acostumada a facer o que lle peta a unha sen máis , coas mans nos bolsillos e cara de .. " Qué ... é pa´hoxe ou qué..."

Claro que ser unha muller brava no seculo XXI as veces é un inconvinte sobre todo si te atopas cun "marido progre " desos que queren facer cousas , participar ... e ti a pensar , que me deixe organizar a min que xa...me apaño.

E así unha ten que gardar a bravura para outro momento e calar...

Coñezo a moitas mulleres bravas , algunhas delas son ata da familia

-E logo esta é tua filla ?

-Non pero coma se o fora...

Iso é a contestación dunha brava...

Hai outras bravas , que se deixan levar e se namoran fronte os inconvintes evidentes , hai outras que pequenas e rabudas se enfrentas sen problemas a 100 kilos de peso.

Hainas que te arropupan cun sorriso e hainas que cun berro fan que levantes a frente e tires pa´diante , ante esas bravas mellor calar...

Hai bravas doces, encantadas de terse coñecido e felices... hai outras complicadas que loitan polo país "Polo país e polo que se lles poña por diante..." que dirian eles ...

Eu afirmo que felices aqueles que xogan a partida...

Adicado a todas as Bravas que coñezo.. Ani .. Lula As Monicas , Julias , Marias , Rosas e Rosiñas etc etc .. e sobre todo a miña avoa Concha unha BRAVA

miércoles, 2 de abril de 2008

O meu neno de area....


“Procuro olvidarte..... , no es facil ya sabes….” Di a canción

Cando chega o verán as cicatrices ábrense de novo , fanse profundas e doentes , incluso algún día doen tanto que parece que non vas soportalo... é inútil chorar , as bagoas non amortiguan a dor...

Cando alguén morre un sempre pensa que marchou para un lugar mellor , un paraíso...un lugar onde ser felices...

Pero o meu neno de area vive moi lonxe do Paraíso... tan lonxe como gramos de area hai naquel deserto , na terra de ninguén.. sometidos a dictadura do olvido .. á tregua da tolerancia extrema coa intolerancia .

O meu neno de area , non entendía porque , non razoaba os motivos pero sabia que tiña que ficar e loitar ... as veces imaxino como será a súa vida lonxe de min e non podo evitar imaxes escuras de avións con napal ,e fusís ,e morte ... outras veces son consciente da felicidade de non ter nada , da inconsciencia do tempo que non pasa...da alegría de calquera cousa...

Todo esto se esvaece cando me di que me bota de menos....e pregunta polo seu irmán , pola súa avoa ... polos seus amigos .....

Aínda que chore alégrome de ter cicatrices que me fagan sentir por ti ... meu adorado neno da area....

lunes, 31 de marzo de 2008

A vida nun post...


Teño tantos post para escribir como vida para contar… así que entendo que si teño tempo e ganas este blogg a ter longa vida , claro que tamen depende de todos aqueles que enriquezan o blogg cos seus comentarios …
Por ter, teño miles de entradas na cabeza , tales como ...
Que facer cando os teus dous mellores amigos se lían ...?
Se amor dura 3 meses porque levo catro anos casada...?
Porque son capaz de ler bloggs de moda a vez que bloggs politicos...?
Porque sacrifico as miñas vacacións por organizar unha festa que non disfruto...?
Porque en vez de facer os exercicios do master escribo un Blogg...?
Porque Brais me chama “María “ e eu a él Manuel....?
Porque Lurditas xa non se viste de Lady España...?
Cal é a influencia de Tinin na miña vida de Orientadora....?
E sobre todo Son unha boa nai-....?


Todos estes post auguran unha longa vida a un blogg coma este.

O porque de “vouche facer unha parcelaria “.




Basicamente unha homenaxe a Carlos Blanco e seu poema ;

Uxio

Vouche facer unha parcelaria
Que te vas cagar en Dios.....