
Teño que cambiar o costume de ler o xornal cando almorzo o Domingo a fin de que non se me indixeste o zume e o café .
Lamentablemente e cada vez máis , aparecen motivo para isto último .
Caritel é un pobo pequeno , actualmente divido ,e Pontecaldelas unha vila coqueta e aspirante a converterse no Sanxenxo do rural , cun Alcalde con proxección política a curto prazo dado a “calidade” xeral dos novos lideres do PP.
Persoalmente creo que pode chegar lonxe , ten moitas cualidades para facelo , pero no conflito dos realoxos penso que se equivoca deixándose levar pola vena máis fétida do PP, non lle pega nada a este Alcalde de guante branco , fino e estudado , moi por enriba da media dos seus veciños de concello, andar nestas tesituras franquistas que rozan a ilegalidade.
Estes “lideres”veciñais de Caritel , amosan sen pudor un rexeitamento histórico e visceral á raza xitana, non importa que non sexan conflitivos , non importa que teñan os nenos perfectamente escolarizados , nin que dende os servizos sociais se lles faga un seguimento diario e conten con informes favorables, que avalan unha máis que posible integración sen traumas.
Non importa nada …todo vale… ata chantaxear a administración cun suposto “Otoño Caliente”.
Alguén terá que dicirlle a estes impresentables que neste país existe a xustiza e que as irregularidades, se demostran, se denuncian e logo se penan, e lembrarlle tamén que as calumnias son un delito.
Alborotar ós mais viles sentimentos da xente , tamén debería ser penado, levar a nenos a manifestacións racistas tamén.
Encubrir esta loita co branco da cocaína é de tal hipocrisía que raia no grotesco, si delinquen que os denuncien , que aporten probas, entón poderán actuar as autoridades… mentres tanto que baixen as espadas , que cesen nesa actitude .. que paren de sementar o odio.
O racismo basease en algo básico , primario , visceral , o racismo asentase no medo.
En Caritel a parte de asentarse no medo ó descoñecido , afírmase no medo a ese outro ser popular, habitual do rural galego ; O Cacique.
Ese que non dubida en facer negocios con eles pero non os quere ó lado da casa de súa nai,e que manexa as masas e rende pleitesia o Alcalde pijo , aposto que a cambio do relevo , porque non?, tampouco hai moitos que poidan facer esta labor, cando este marche a máis altas estancias e maiores menestreis.
Mentres tanto en Caritel , quedarán nenos que manterán gravado a lume no seu consciente , que os xitanos son malos , que traen a drogha, que levan os meniños metidos en sacos … e mirarán aquela casa con medo como quen mira o castelo do vampiro e deixarán voar a súa imaxinación …sen entender porque en vez de xogar ó balón na carballeira ,portan unha pancarta e pitan un partido cruel.
Iso si , debería ser deleito.


No hay comentarios:
Publicar un comentario