miércoles 1 de octubre de 2008

PONTEVEDRA



Pontevedra.

Vila onde as haxa ....

lembro esta cidade cando era gris e sucia e cheiraba mal e era triste , lémbroa ben , eu vin do interior a estudiar o bacharelato e non era moi diferente de calquera viliña , lembro as rúas escuras e os coches , lembro a droga , lembro o nada que ver , nin onde ir , nin que facer ...
Lembro algún que outro “pijo” do instituto terme convidado ós bailes do casino para preferir botar viño ós “capullos” de branco , porque daquela , os que saian de “peñas” no eran “los que iban al baile del casino”.

Lembro un dos desgustos da miña vida cando o centro dramático Galego decide non vir máis a Pontevedra porque o Teatro principal non cumpre co espazo óptimo para as súas montaxes escénicas.


En fin ... eu marchei a Santiago a facer a carreira e dende que voltei fai 10 anos teño a sorte de poder vivir e traballar nunha cidade fantástica, chea de luz .. unha cidade para as persoas... con plantas e rúas anchas... cun casco histórico de cine recuperado da nada, con decir que “es más fino ir de peñas que al baile de la Peregrina “.

¡Moito che ten cambiado o conto , Manuel!

Lástima que a xente teña memoria de peixe... e outros se empeñen en terxiversar a historia ó seu gusto , cantos anos terían os “lideres” xuvenís do PSOE e o PP fai 15 anos , deixaríanos os seus impolutos “papis” , xogar na rúa ou pasear sen ir collidos pola man.
O outro día lía na prensa que unha asociación “dignísima” desta cidade quería recuperar “el espírito del 5J” , lamentable ... esta claro que moitas cousas de aquel cinco xis , quedan por acadar pero en aquela manifestación eu suxeitaba unha pancarta co lema “por un campus digno “ despois de aquilo e tras unha longa loita temos un campus que permite que moitos dos mozos que queren ficar a estudiar aquí poidan facelo...

A cidade ten luces e sombras pero quen non?

3 comentarios:

breogain dijo...

Pois que fagan unha nova manifestación do 5J a ver canta xente vai desta volta, a nosa cidade como ti ben dis espertou dende hai uns anos, e xan non digo en poboación, senón na oferta cultural, gastronómica, de ocio.. o seu principal espazo de convivencia é o casco vello, noutrora funesto e gris, agora cheo de vitalidade (os de burger king non son tontos, non) e que da boa conta da cidade que temos e a que queremos que sexa no futuro, unha cidade para os nós e non para os coches.

Un saúdo e parabéns polo blogue e polas fermosas fotos.

apertas doutro blogueiro pontevedrés, descoñecia que tamén eras de Pontevedra, téñoche que poñer nos meus favoritos logo :)

Yoriento dijo...

Xefita, me gustó mucho Pontevedra el año pasado, y en Noviembre tocará Coruña y Lugo (Balneario de Guitiriz).

Se aceptan sugerencias gastronómicas y pulpos como animales de compañia (a feira, eso sí) ;-)

MARIA dijo...

Grazas ós dous é unha honra que vos pasedes polo meu bloge.

Un saúdo.