lunes, 16 de noviembre de 2009

Volver.... Malos tempos para a parcelaria...


Aquí estou de novo, traballando outra vez neste traballo meu , tan de moda estes días …
Malos tempos para parcelarias… malos tempos para o emprego , para a xente que desesperada, busca un traballo e non o atopa.
Hai cousas que me preocupan enormemente , unha delas é a manía que ten algunha xente de xeneralizar “A xente, o que non quere, é traballar” “Eu coñezo a moitos que o que queren é vivir do conto” “Son todos unha panda de vagos”.
O Outro dia coincidía cun papi “empresario”, nunha festa de aniversario dun neno amigo do meu, e trataba de convencerme , a min, de que a maioría da xente é unha “Jetas “ que non quere traballar…
E eu con cara de “bueno as cousas non son así” pero claro , contra o imaxinario colectivo e difícil loitar , xa que , unha marea humana de mamas e papas comezaron automaticamente a darlle a razón e o final acabas quedando ti por “esquerdosa” defendendo o imposible…
Pregúntome si algún vez esa persoa se plantexou sequera como se sente un cando non ten para mercarlle un agasallo a un fillo, cando non ten , para pagar as mensualidades e os acredores te cercan.Dificilmente.
Cos anos aprendín a distinguir entre os “vampiros” que absorben o teu esforzo para o seu propio beneficio , de aqueles outros (Como os boto de menos!! ) que querían a Paghiña, a eses que non querían traballar porque xa o facían en “nejro “, destes outros desesperados polo que sexa ,e entre eles a xeración do “Benestar” , acostumados a triunfar, que ven como a súa vida, a golpe de visa, se desmorona como un castelo de naipes.
E eu aquí.. traballando de novo de buscadora de esperanzas…

martes, 14 de abril de 2009

Un utero.


O ultimo de Lurditas no café , diante de Brais e Luis , " Todo o mundo me ve como un utero andante e estou ata as narices"

E eu preguntome se a ela a ven como un utero andante a min como me ven.

domingo, 26 de octubre de 2008

En que lado da acera queremos estar ou debemos estar...


Poucas veces me emocionei tanto escoltando un discurso nunca entrega de premios , basicamente porque nestas a cotío prima a benevolencia como mundo en xeral nunha especie de gratitude ó todo por el todo , ó mundo por haberme premiado a min.

Nembargantes Ingrid , foi firme , agradecendo á vida a todo aquel que lla fixo un pouquiño máis doada na selva e denunciando que nunca será de todo libre mentres existan compañeiros secuestrados , mentres perduren as desigualdades e perviva a inxustiza .

Esa muller miúda e feble , demandou con voz firme igualdade entre os pobos de América latina , demandou dos lideres mundiais especialmente dos americanos e dos Europeos respecto para Colombia e o meu modo de ver foi determinante na maira en que defendeu que cada un de nós pode saír da súa cómoda poltrona para denunciar as múltiples inxustizas que a cotío se comenten cos débiles .

“Contrasta esto con la cruel realidad que sufren mis hermanos cautivos en la selva, a manos de sus deshumanizados carceleros. Para ellos, hoy, no hay ni generosidad, ni respeto, ni familia, ni afecto. Como me sucede desde hace demasiados años, vuelvo a sentir la tristeza y la alegría tejiéndose simultáneamente en mí, y confirmo una vez más que no me sentiré totalmente libre, ni feliz, mientras quede alguno de mis compañeros preso en la selva.Pienso, por lo tanto, que cogida de la mano de todos los que nos acompañan hoy, es necesario reflexionar en lo que podemos hacer por ellos. No sólo porque haciéndolo podemos estar contribuyendo a salvarlos, sino paradójicamente, porque creo que nos estaremos salvando también a nosotros mismos. En las cíclicas repeticiones de la historia, veo con claridad que tenemos la oportunidad, una vez más, de ser aquéllos que rompen el círculo de las maldiciones. El año pasado, en esta misma ceremonia, se oyeron las voces de las víctimas del Holocausto. Quienes estaban aquí, asistieron al doloroso cuestionamiento que ellos les hacían a sus propios vecinos, aquéllos que los miraron en silencio partir hacia el infierno y que no hicieron nada.¿Qué hubiéramos hecho nosotros? ¿Hubiésemos hecho como la mayoría, tratando de encontrar justificaciones a la infamia, para poder dormir en la tranquilidad de nuestra indiferencia? Todos queremos pensar que no. Todos quisiéramos vernos retratados del lado de los héroes anónimos que se jugaron la vida por salvar la de ese hombre, la de ese niño que sufrió.La vida nos ha traído a la consciencia la realidad amarga de los que están presos de esa misma infamia en las selvas de Colombia, de esa misma locura revestida de otro uniforme, pero habitada de la misma crueldad. Hoy no podemos ignorar su situación y la de cientos de seres humanos que padecen la arbitrariedad de la intolerancia política, religiosa o cultural en cualquier lugar del mundo. En esta aldea global que es el mundo de hoy, todos somos vecinos. A diario podemos extender la mano y no lo hacemos.”
I


Ingrid Betacourt .Estracto do discurso dos premios Principe de Asturias 2008

martes, 7 de octubre de 2008

So elas, por María Varela no Diario de Pontevedra.


Por máis tempo que pase, por máis testemuñas semellantes que chegue a coñecer, non podo deixar de escoitalas, de abraiarme, de admiralas, de rir e chorar con elas. Tralas súas bágoas afundidas no foxo dos anos latexan incribles historias de amor e de escarnio, os segredos escuros das súas vidas anónimas e episodios tan sinxelos como fascinantes no acontecer cotiá dunha muller galega de primeiros do século XX. Naceron lonxe dun berce de faia, sen sabas de algodón nin contos de princesas. As máis delas deixaron axiña a escola a prol dos seus irmáns varóns, para coidar da casa e dos seus maiores, para atender ós animais, ir á ribeira ou faenar no campo. Só guiadas polas sabias palabras das súas avoas, o seu instinto de supervivencia e o sentido común superaron a guerra e a fame, e deron á luz a xeracións enteiras de enxeñeiros, artistas, banqueiros, mestres, xuíces, médicos... Na escuridade do descoñecemento, en silencio e soas. Abríronse camiño ós novos tempos a base de endurecer a pel e a alma, e convertéronse nos piares das súas familias, en heroínas, iso si, de segundo plano. Elas encaran hoxe ó pasar dos días mirando á morte ós ollos. Aínda lles restan folgos para loitar contra a dor de ósos, a soidade e o temor ó olvido. Pero tamén para agarimar ás súas bisnetas. Para alumear o seu camiño, ensinarlles a alzar a voz e a enfrontar os grandes partos da vida sen medo algún. Só elas.

lunes, 6 de octubre de 2008

Otoño caliente




Xitanos


Teño que cambiar o costume de ler o xornal cando almorzo o Domingo a fin de que non se me indixeste o zume e o café .
Lamentablemente e cada vez máis , aparecen motivo para isto último .
http://www.lavozdegalicia.com/pontevedra/2008/10/05/0003_7198355.htm , pero o de hoxe creo que xa me supera ata a náusea.
Caritel é un pobo pequeno , actualmente divido ,e Pontecaldelas unha vila coqueta e aspirante a converterse no Sanxenxo do rural , cun Alcalde con proxección política a curto prazo dado a “calidade” xeral dos novos lideres do PP.
Persoalmente creo que pode chegar lonxe , ten moitas cualidades para facelo , pero no conflito dos realoxos penso que se equivoca deixándose levar pola vena máis fétida do PP, non lle pega nada a este Alcalde de guante branco , fino e estudado , moi por enriba da media dos seus veciños de concello, andar nestas tesituras franquistas que rozan a ilegalidade.
Estes “lideres”veciñais de Caritel , amosan sen pudor un rexeitamento histórico e visceral á raza xitana, non importa que non sexan conflitivos , non importa que teñan os nenos perfectamente escolarizados , nin que dende os servizos sociais se lles faga un seguimento diario e conten con informes favorables, que avalan unha máis que posible integración sen traumas.
Non importa nada …todo vale… ata chantaxear a administración cun suposto “Otoño Caliente”.
Alguén terá que dicirlle a estes impresentables que neste país existe a xustiza e que as irregularidades, se demostran, se denuncian e logo se penan, e lembrarlle tamén que as calumnias son un delito.
Alborotar ós mais viles sentimentos da xente , tamén debería ser penado, levar a nenos a manifestacións racistas tamén.
Encubrir esta loita co branco da cocaína é de tal hipocrisía que raia no grotesco, si delinquen que os denuncien , que aporten probas, entón poderán actuar as autoridades… mentres tanto que baixen as espadas , que cesen nesa actitude .. que paren de sementar o odio.
O racismo basease en algo básico , primario , visceral , o racismo asentase no medo.
En Caritel a parte de asentarse no medo ó descoñecido , afírmase no medo a ese outro ser popular, habitual do rural galego ; O Cacique.
Ese que non dubida en facer negocios con eles pero non os quere ó lado da casa de súa nai,e que manexa as masas e rende pleitesia o Alcalde pijo , aposto que a cambio do relevo , porque non?, tampouco hai moitos que poidan facer esta labor, cando este marche a máis altas estancias e maiores menestreis.
Mentres tanto en Caritel , quedarán nenos que manterán gravado a lume no seu consciente , que os xitanos son malos , que traen a drogha, que levan os meniños metidos en sacos … e mirarán aquela casa con medo como quen mira o castelo do vampiro e deixarán voar a súa imaxinación …sen entender porque en vez de xogar ó balón na carballeira ,portan unha pancarta e pitan un partido cruel.
Iso si , debería ser deleito.

miércoles, 1 de octubre de 2008

PONTEVEDRA



Pontevedra.

Vila onde as haxa ....

lembro esta cidade cando era gris e sucia e cheiraba mal e era triste , lémbroa ben , eu vin do interior a estudiar o bacharelato e non era moi diferente de calquera viliña , lembro as rúas escuras e os coches , lembro a droga , lembro o nada que ver , nin onde ir , nin que facer ...
Lembro algún que outro “pijo” do instituto terme convidado ós bailes do casino para preferir botar viño ós “capullos” de branco , porque daquela , os que saian de “peñas” no eran “los que iban al baile del casino”.

Lembro un dos desgustos da miña vida cando o centro dramático Galego decide non vir máis a Pontevedra porque o Teatro principal non cumpre co espazo óptimo para as súas montaxes escénicas.


En fin ... eu marchei a Santiago a facer a carreira e dende que voltei fai 10 anos teño a sorte de poder vivir e traballar nunha cidade fantástica, chea de luz .. unha cidade para as persoas... con plantas e rúas anchas... cun casco histórico de cine recuperado da nada, con decir que “es más fino ir de peñas que al baile de la Peregrina “.

¡Moito che ten cambiado o conto , Manuel!

Lástima que a xente teña memoria de peixe... e outros se empeñen en terxiversar a historia ó seu gusto , cantos anos terían os “lideres” xuvenís do PSOE e o PP fai 15 anos , deixaríanos os seus impolutos “papis” , xogar na rúa ou pasear sen ir collidos pola man.
O outro día lía na prensa que unha asociación “dignísima” desta cidade quería recuperar “el espírito del 5J” , lamentable ... esta claro que moitas cousas de aquel cinco xis , quedan por acadar pero en aquela manifestación eu suxeitaba unha pancarta co lema “por un campus digno “ despois de aquilo e tras unha longa loita temos un campus que permite que moitos dos mozos que queren ficar a estudiar aquí poidan facelo...

A cidade ten luces e sombras pero quen non?

jueves, 25 de septiembre de 2008

Anxos...



Coñecín un Anxo una vez… una persoa marabillosa chea de luz , que te facía sentir ben con so falarche, un tipo máxico , alguén tocado pola man de Deus .
Onte fun o seu velorio , despois de moito tempo sen velo e tras unha longa enfermidade , non podía conter as bagoas , pola empatía que me producía a dor dunha familia rota e dunha muller destrozada ,aínda sendo demasiado nova, para sufrir algo así.
Marchei cun sentimento éstrano entre magoa e alegría , como si el me falase dende algún sitio e me susurrase o oído, que paga a pena ser felices ,non desperdicies o tempo en parvadas…disfruta de cantas cousas boas e malas che acontezan porque estas so son un camiño cara un lado mellor da vida.
Alguén tan novo non debería morrer , alguén tan bo tampouco.
Cada un ten as súas loitas, xa falei diso moitas veces ,a nosa loita particular mantennos erguidos fronte as adversidades .
Pode parecer demagóxico , pero se teño que pensar como sorrín os anxos , pensarei nel sorrindo e debo crer que esta nun lugar mellor libre da dor da enfermidade.

Bicos amigo da universidade...