miércoles 30 de abril de 2008

Xestión da información




Eu , teño un problema coa información , non son consciente da importancia que ten e as veces tampouco da miña capacidade para ferir a alguén.

Son desa corrente “brava” que di o que lle parece sen ter medo ás consecuencias, pero é un lio , esta claro que un non é dono do que di senón do que cala.
Estou tan de acordo niso , a de veces que estaría máis guapa calada !
Pero non .. eu en realidade non o fago con mala intención ,pero teño nula capacidade para medir as consecuencias , nula ...e despois teño outra tendencia , querer arregarlle a vida a todo o mundo en plan nai abadesa , e fágoo mal as veces ata moi mal... debe ser duro lidar comigo , definitivamente teño que aprender a xestionar mellor a información e sobre todo a pensar que a podo xestionar mellor que Lurditas que esta acostumada a lidar con toda esa fauna que ten...

A pobre , María S anda de pasantía en pasantía ...
O luns comeza a axenda 2008-2009.

Esperemos ser capaces de camiñar de novo porque agora en vez de ninguén .. todas estamos mal...
PERDON

martes 29 de abril de 2008

Frases de Forga a Forga


-Lurdes a Luis: Es tan repunante que cando sexas vello vouche dar pure de pataca sen sal....

-Luis a Isa: A min a unica dinámica que me gusta é a de follar ...

-Isa a Lurdes : Lurdes non é que Eva sea alta e que nós somos pequenas...

jueves 24 de abril de 2008

Cravos vermellos (Claveles Rojos)



Este post tamén podería chamarse “malos tempos para a lírica” por moitas cousas…
Cando Luís se enfada comigo , calquera cousa , calquera momento é malo para a lírica . se Luís é feliz , eu son feliz…

Indiscutiblemente , hoxe é unha tarde desas que o calor non ven ben, todo o cantrario , case prefería que chovese …polo menos falariamos da choiva… o peor dos enfados , son os silencios , eu son das que prefire gritar , creo que o rancor se vai cos berros… non se acumula como o pouso do polbo sobre o corazón dos mobles da alma …
Indiscutiblemente é mellor falar …Canto polbo garda a nosa alma de cousas nunca ditas , de malentendidos nunca resoltos , de historia inconclusas , de medos …

Pero , hai xente que prefire calar … non serei eu a que os faga falar … sobre todo cando ten razón e a culpa é miña..


Cravos vermellos , fai un ano os meus compañeiros regaláronme un precioso ramo de cravos vermellos en plena campaña das municipais , non o puiden disfrutar nada .. non estaba nunca na casa para velo…. E cando me dei conta os cravos murcharan …
Unha velada metáfora da vida…o ramo , testemuña da amizade aínda perdura na miña memoria , como un dos agasallos máis fermosos…

Maña , cumpro anos , 25 de Abril sempre….!
É un berro fermoso que invoca á liberdade…
A liberdade que ansío , pola que tanto loito… a liberdade de pensamento , de palabra… de obra… non sei porqué venme Sócrates á cabeza “ So sei que non sei nada…”pois coa liberdade pasa un pouco o mesmo … neste mundo de escravos o meu dono chámase Santander central hispano aínda que cada mes son un pouco máis libre.

Grazas a todos.

martes 22 de abril de 2008


-Seica chove...
-Seica si.......

O tempo , mira que falamos del moitas veces desa forma tan galega de dicir, sen dicir nada...
¡Cantas veces falamos sen dicir nada!
Outras veces non temos tempo de nada...
Niso ando agora , en cuestións de tempo , de axenda , de ter que anotalo todo porque si non o fago , as ideas esvaécense na miña mente como folerpas de neve que tocan o chan.
Nunca tal cousa me pasou... será que me estou facendo vella , tempo que pasa....

Gustaríame ter tempo para miles de cousas... entre elas para dicir cousas que nunca dixen a persoas que merecen que llas diga , é ben certo , que non custa nada dicir “quérote”, de cando en vez ,e si o relacionamos co tempo tamén estaría ben dicir “non”
a fin de ter máis tempo...

O valor dos segundos.. importante cando non os temos ... é curioso , manteñome firme ante esa escravitude e resístome a levar reloxo, os que me rodean sofren as consecuencias.

Min ten unha estratexia , atrasou todos e cada un dos reloxos da miña vida , dándome 15 minutos de regalo..., demostrando que os mellores agasallos son os que non valen nada e á vez importan tanto...

Por certo , chove.....

jueves 17 de abril de 2008

Tinin…





Tinin... un antes e un despois ... na Orientación laboral...

Antes de comezar e respectando o segredo profesional teño que dicir que todo parecido coa realidade está na vosa mente e como nas películas os nomes dos personaxes foron cambiados e as datas non se corresponden coas reais.

A ver... Era unha orientadora que repasaba a súa lista de non asistentes e entón decide chamar, en vista de que a media non era a suficiente para cubrir o expediente.

DIA A

HORA 13.05
- Píííiiiiiiiiiiiiiii............... , píiiiiiiiiiiiiiiii ..........Piiiiiiiiiiiiiiiiiiii
-¿Sí? Digha......
-Bo día., chámolle do servicio público de emprego esta Constantino Castillos Perez ( O nome é inventado)
-¿Que lle quere?
-Chámolle do servicio público de emprego , do INEM...
-Ai!!!!... (Típico INEM é a palabra máxica) espere....

E entón escoito....

-TINIIIIIIIIIIIN levántate da cama que esta a chamar por ti unha fulana..................

E penso......

-Ai Dios!!! Esto vai ser máis duro do que eu pensaba ...
-Señora , que lle chamo do servicio publico de emprego .. vostede que é a súa nai...
-Ai... si filla ...si... é que o rapaz estame enfermo ..e aínda esta na cama....

Miro a ficha... 1969... rapaz , rapaz.....

A conversa con Tinin non a reproduciremos aquí , non ten maior transcendencia , despois de dicirlle de onde chamaba e que quería Tinin accede a ter unha cita comigo...

DIA B

11:25h (Hora do café)

Mentres atendo outra persoa escoito que Antón , manda sentar a unha xente que acaba de chegar.. como teño mala memoria e peor axenda ... esquezo que ese día teño moitas citas co cal non hai café...
Cando saio... unha estampa! A ver .. a típica señora de pobo de loito rigoroso ... media de cristal negra...zapatos negros , pano na cabeza....e o lado TININ , Calvo...con catro pelos diante , raia ó lado ... ghafas grandes ,modelo “starky e hach”, pantalón vaqueiro raia de prancha a tope e apertado na cintura en exceso cun cinto estreito ...calcetíns brancos e zapatos neghros ...chaqueta modelo “Feira de sinaí” en cor granate de punto con terciopelo diante , camisa abotoada ó pescozo e bastón...

A escea curiosa , a vella con aspecto de cansa axudando a erguer a aquel mangallón e alá vou eu... ( sempre teño ramalazos de boa samaritana que me fan quedar...)

E , Por fín Tinín ... se senta no meu despacho acompañado da súa nai...

Despois dos preliminares .....o típico .. ti a que a te adicas? , que fas agora ...? tes algún interese en atopar traballo..?

Tinín amosa un desenfreado interese por amosarme o mal que ten a perna , para isto, ergue o pantalón e dime :
-Mire , mire o morada que a teño , quédame tesa.. non a podo mover...

Eu , xúroo, a perna máis branca que vin na miña vida ...

E eu :

-Si ... si ... xa a vexo...

-Pois mire , quedeille así dun accidente .. voullo contar...
-Non fai falla .. de verdade , fágome cargo....
-Que lle conte ... que lle conte...(Dí a nai) ese desgraciado , malnacido , desgraciome o rapaz para sempre .. e eu .. agora teño que coidar del ... e ele moi triste pa ´unha nai .. ter un rapaz así...
-bueno mama.. que lle vou contar.. a.......
-Orientadora...María ... (Si me chega a chamar outra vez fulana .....la tenemos...)
-Pois mire , ía eu cun caldeiro de pintura .. por unha obra ....e caín nun burato...e usté preguntarase que facía o burato alí na obra .....
-Non.. eu non me pregunto nada....


E nestas que Tinín abre as pernas e dime ..

-Caín no burato e deixei unha perna arriba e coa outra abaixo , e esmagharonseme os ghuevos e este dereito (agarrándose o Ghuevo ) ándame solo ...volveuse tolo , ándame para todos os lados...( e alá... a sobetearse )

Eu non sabia que pensar , aquel..home así e a muller a dicir...:

Eu toda rachada cun cancro , aberta de arriba – abaixo a coidar do meu filliño e q medica esa a dicir que esta tolo... a darlle pastillas...

Eu atónita e Tinin:

-Si mandoume a reabilitación ... pero non podia ir , sentabame mal... puñame coma un can....
E non minto.. comeza a abrir a boca e a xadear coma un can ahhah !! aaaaaaahhhh gggg !!
Esto xa foi o colmo... pero seguiume contando cousas....e a súa nai tamén...

Finalmente , os de Forga queren que lle de outra cita de orientación ...pero Tinin deuse de baixa como desempregado.
Lastima ....

miércoles 16 de abril de 2008

La vida es como la espuma por eso hay que darse como el mar...


Recordo a primeira vez que vin “ Y tu mama también” un estraño titulo para unha película estraña , chea de luz …
É incrible o que fai o cine na nosa vida , estes días nos que Maná saca unha versión dunha canción que aparece na película , un día sen máis no coche soou e vin nitidamente a escena de Maribel Verdú bailando sen máis , sabéndose condenada polo cancro , cun vestido Branco e unha cervexa na man....
Hoxe falabamos diso no café e Luís facía a súa particular versión do que quere ser de vello... o resume era Vivir .. ser hippy , non ter ataduras, nin responsabilidades , ser outra vez un pouco neno...

Eu , agora , non podo pensar en maña , estou atrapada polo presente , polo inmediato, por chegar a fin de mes... xa podía rematar a crise dunha vez...
Esperarei a que Lurditas me convide o seu Foie de Pato con reducción de Pedro Ximenez e compota de maza... o que aprendo eu en Forga non se paga con cartos...

viernes 11 de abril de 2008

Ultima conversa no café...


Lula: Eu botolle , tamén, a ensalada Lombarda.

María: Eu nin sequera sei que é iso , para canto máis botarllo a ensalada ...

Lula :É ese repolo morado que hai...

María: Ai... eu non sei.. eu o repolo botollo ó caldo...!!!!

E eu a todo isto sen poder meter baza .. .. que bo...

jueves 10 de abril de 2008

WISTERIA LAMA


Esto non é Wisteria Lane o pobo onde viven as marabillosas amigas de Mulleres desesperadas, pero ultimamente parece que as mulleres están de moda na Lama .
Unha pandilla de Mulleres que poñéndose o mundo por monteira decide que dos 30 pasa os 15 sen máis.

Ben certo é que as mulleres da miña xeración , (algunhas) tivemos un “espertar” tardío comparado coas de agora , empeñadas en ver so “ elementos inalcanzables “ e “ amores platónicos “ perdíamos o tempo ... sen caer e outros menesteres ...

Parece que as mozas de agora non son desas algunhas .. claro... hainas que sendo ,moi ,moi progres non se deitan con calquera a primeira noite ...
Vésase o meu caso .. a primeira vez que me deitei cun home a primeira noite , rematei casando con el...

Estas “Desesperadas” o meu modo de ver son máis , en plan “Descerebradas”, algunhas deixan atrás Homes marabillosos , outras fillos moi pequenos ...
Será certo iso de que cada un fai o que sexa para non envellecer ... eu non sei ... case prefiro o botox e ximnasia pasiva ...

O amor de parella non é doado , fronte o “paraíso” dos primeiros meses , quizais do primeiro ano , chegan a Hipoteca e os agobios por cartos , chegan as manías e os michelins , tamén os ronquidos , as malas contestacións , A FAMILIA, pero enriba de todo isto aplastando a maldade están os nenos ... os marabillosos nenos ... os almorzos de domingo .. as vacacións ... os concertos de Marlango ... as ceas para dous... e a loita cotiá pola felicidade , esta demostrado dous puxan máis que un...

lunes 7 de abril de 2008

Reunión de traballo no paraíso...


As reunións de traballo de FG poden ser calquera cousa menos unha reunión...
A ver ... en que reunión , a adxunta , que son eu .. se columpia na cadeira e se atreve a pórse cómoda cos pes medio enriba da mesa....
en fin un cadro !...

Por non falar do xefe e do seu linguaxe silvopastoril, que sirva como exemplo esta frase memorable.. ; “ Vexo o que vexo... e cando non vexo , non vexo : E cando vexo , cabréome...”
Luisadas en estado puro.. pero o bo que ten isto ,na medida do que é posible , e que é moi divertido traballar aquí , aínda que so sexa por estas reunións de traballo nas que podes escoitar símiles tales como; “ Lurditas , ti que sabes de económia domestica ¿que vale máis un capón ou cinco galiñas?” Vamos !! Unha marabilla de home onde os haxa...

jueves 3 de abril de 2008

Mulleres bravas





Mulleres bravas.... Galegas de pro...

Cando un quere saber que é , buscase por calquera lugar en calquera outra cara , nos ollos dos que ama. E paradoxicamente decubres quén es nun monologo, unha muller brava , galega , das de sempre ... acostumada a facer o que lle peta a unha sen máis , coas mans nos bolsillos e cara de .. " Qué ... é pa´hoxe ou qué..."

Claro que ser unha muller brava no seculo XXI as veces é un inconvinte sobre todo si te atopas cun "marido progre " desos que queren facer cousas , participar ... e ti a pensar , que me deixe organizar a min que xa...me apaño.

E así unha ten que gardar a bravura para outro momento e calar...

Coñezo a moitas mulleres bravas , algunhas delas son ata da familia

-E logo esta é tua filla ?

-Non pero coma se o fora...

Iso é a contestación dunha brava...

Hai outras bravas , que se deixan levar e se namoran fronte os inconvintes evidentes , hai outras que pequenas e rabudas se enfrentas sen problemas a 100 kilos de peso.

Hainas que te arropupan cun sorriso e hainas que cun berro fan que levantes a frente e tires pa´diante , ante esas bravas mellor calar...

Hai bravas doces, encantadas de terse coñecido e felices... hai outras complicadas que loitan polo país "Polo país e polo que se lles poña por diante..." que dirian eles ...

Eu afirmo que felices aqueles que xogan a partida...

Adicado a todas as Bravas que coñezo.. Ani .. Lula As Monicas , Julias , Marias , Rosas e Rosiñas etc etc .. e sobre todo a miña avoa Concha unha BRAVA

miércoles 2 de abril de 2008

O meu neno de area....


“Procuro olvidarte..... , no es facil ya sabes….” Di a canción

Cando chega o verán as cicatrices ábrense de novo , fanse profundas e doentes , incluso algún día doen tanto que parece que non vas soportalo... é inútil chorar , as bagoas non amortiguan a dor...

Cando alguén morre un sempre pensa que marchou para un lugar mellor , un paraíso...un lugar onde ser felices...

Pero o meu neno de area vive moi lonxe do Paraíso... tan lonxe como gramos de area hai naquel deserto , na terra de ninguén.. sometidos a dictadura do olvido .. á tregua da tolerancia extrema coa intolerancia .

O meu neno de area , non entendía porque , non razoaba os motivos pero sabia que tiña que ficar e loitar ... as veces imaxino como será a súa vida lonxe de min e non podo evitar imaxes escuras de avións con napal ,e fusís ,e morte ... outras veces son consciente da felicidade de non ter nada , da inconsciencia do tempo que non pasa...da alegría de calquera cousa...

Todo esto se esvaece cando me di que me bota de menos....e pregunta polo seu irmán , pola súa avoa ... polos seus amigos .....

Aínda que chore alégrome de ter cicatrices que me fagan sentir por ti ... meu adorado neno da area....